Programa entroido Pontevedra 2013

Programa Carnaval Pontevedra 2013

VENRES 8 DE FEBREIRO
20.00 horas Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido
20.45 horas Praza da Verdura. Urco, rei do Entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Solfamidas , Os da Caña, Clave de Sol, Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, A Esmorga, onde será recibido polo alcalde.
Lectura do pregón
SÁBADO 9 DE FEBREIRO
11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Clave de Sol
16.00 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número
17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades
LUNS 11 DE FEBREIRO
17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol
Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
Actuacións:
Grupo Foula
Escola de Batukada de Pontevedra
21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXII Concurso de Murgas
MARTES 12 DE FEBREIRO
16.30 horas Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra
17.00 horas Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil.
Animación infantil con Rivel, Cé Orquestra Pantasma e varios DJ
22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
Asociación Combrus e Troula

A continuación animación de rúa coas comparsas:

Os da Caña

Solfamidas

Las Flores del Carnaval

Os Paparrulos

A Esmorga

Val do Lérez

Clave de Sol

Vamos a Todo

MÉRCORES 13 DE FEBREIRO

17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”

18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.

19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo

Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade

Actuación da Asociación Pola Vila

21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XX II Concurso de Murgas

XOVES 14 DE FEBREIRO

21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXII Concurso de Murgas

VENRES 15 DE FEBREIRO

23.00 horas Prazas e rúas da cidade. XVIII Mostra da Parodia do Entroido

02.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XVIII Mostra da Parodia do Entroido

SÁBADO 16 DE FEBREIRO

CENTENARIO DO ENTERRO DO LORO RAVACHOL

12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo

18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso

21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Os Paparrulos, A Esmorga, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
VELADA INFAUSTA

Cabodano centenario das honras fúnebres do fenecido Ravachol

Praza da Ferraría

Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:

1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado

2º Celme, danza da morte

3º Pola Vila, A Loita da Alma

4º Val do Lérez

5º Apoteose final co concerto de Roi Casal, O Boticario Gaiteiro

Turismo Galicia